Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Tecnoloxías de comercio electrónico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Preparación en equipo de traballos relacionados coa materia e propostos polo profesorado. Exporanse publicamente e valorarase, ademais do contido, a comprensión do tema, a presentación e defensa, e a achega persoal razoada. 20
Probas de tipo test Exame teórico que recollerá os contidos correspondentes á materia impartida. Haberá varios exames parciais liberatorios e un exame final. Para poder aprobar a materia poderase esixir unha nota mínima (nunca superior ao 5) nesta parte. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba na que se abordará a capacidade de utilización das diferentes ferramentas utilizadas durante o curso. Haberá varios exames parciais liberatorios e un exame final. Para poder aprobar a materia poderase esixir unha nota mínima (nunca superior ao 5) nesta parte. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Poderanse ter en conta outros mecanismos de avaliación para complementar e mellorar a cualificación do alumnado:

- Asistencia regular a clases
- Participación en clases de teoría e prácticas
- Realización de exercicios e/ou traballos

SEGUNDO PERÍODO DE AVALIACIÓN

Utilizaranse as mesmas metodoloxías que no primeiro período.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-15.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000