Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria
   Contidos
Tema Subtema
PARTE TEÓRICA 10 temas
Tema 1: As TIC na sociedade da información 1.1. Alfabetización tecnolóxica e competencia dixital
1.2. Impacto social e educativo da cultura audiovisual e dixital
1.3. Papel dos centros educativos na sociedade da información
Tema 2: A integración das TIC en contextos educativos

2.1. Factores que influen na súa integración
2.2. Perspectivas curriculares e modelos de integración das TIC
2.3. Proxectos internacionais nacionais de implantación das TIC nos centros. O Proxecto Abalar en Galicia.
Tema 3: Recursos multimedia para a educación

3.1. Concepto, clasificación e características dos multimedia educativos
3.2. Funcións e orientacións para o uso didáctico do multimedia educativo
3.3. Selección e avaliación de multimedias educativos.
3.4. Diseño e elaboración de materiais didácticos multimedia.
Tema 4: Recursos web para a educación

4.1. Ferramentas de comunicación en educación
4.2. Aplicacions educativas da Web 2.0
4.3.Metodoloxías de traballo con Internet na aula: webquest, cazas do tesouro...
Tema 5: Novas posibilidades educativas e desafíos na rede

5.1. Seguridade da infancia en Internet
5.2. Entornos virtuais de ensinanza-aprendizaxe e traballo colaborativo con TIC
5.3. Realidade aumentada
Tema 6: A linguaxe audiovisual e os medios de comunicación de masas

6.1. Lectura de imaxes. A imaxe dixital.
6.2. A televisión e a publicidade na aula.
6.3.Outros medios de comunicación de masas na aula.
Tema 7: Utilización educativa do vídeo e do cine

7.1. Funcións do vídeo na ensinanza
7.2. Metodoloxía, uso e explotación didáctica dos vídeos
7.3.Integración do cine en educación e na aula
7.4. O cine forum como estratexia de intervención na aula
Tema 8: Inclusión educativa con apoio das TIC
8.1. As tecnoloxías de apoio a diversidade: tipoloxías e funcións.
8.2. Ventaxas e criterios para a integración das TIC na inclusion do alumnado.
Tema 9: Novos recursos para os procesos de ensino- aprendizaxe
9.1. Do libro de texto ó libro dixital
9.2. A pizarra dixital na aula.
9.3. Dispositivos móbiles.
Tema 10: A avaliación e a titoría a través das TIC

10.1. O portafolio e a rúbrica para a avaliación e seguemento de aprendizaxes
10.2. A acción titoríal mediada por TIC
PARTE PRÁCTICA:
Propóñense as seguintes temáticas para os proxectos de traballo. Farase unha sesión de difusión de todos os proxectos na Facultade.
As prácticas, que se concretarán na primeira semana de clase en función dos coñecementos
previos dos alumnos e a disponibilidade de recursos, serán proxectos de traballo individuais ou en pequeno grupo e xirarán en col dos seguintes
eixos:
1. Ferramentas para o traballo colaborativo en rede.
2. Análise, selección e avaliación de materiais e recursos educativos en formato dixital
3. Planificación e deseño de materiais e recursos educativos en formato dixital
4. Ferramentas para a titoría, xestión e organización do centro e aula.
5. Periódico escolar dixital
6. TV e radio dixital escolar
7. Dispositivos móbiles na aula (tablets, smartphone, iPod...) e BYOD
8. Protección de datos e seguridade da infancia en Internet
9. Pizarra dixital interactiva (PDI).
10. Libros electrónicos
11. Outro previamente negociado coa profesora
O produto final será un E-PORTFOLIO en formato blog que se elaborará ao longo do cuadrimestre e que deberá conter, entre outros, a colección ou
recompilación en formato dixital de cada unha das tarefas e reflexións que cada alumno irá ensamblado, mantendo e coidando.
O resultado final da parte práctica será defendido oralmente ao final do cuadrimestre. Dita sesión incluirá a defensa dunha parte do proyecto en
inglés ou portugués e unha sesión póster.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000