Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas pictóricas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiros É interesante que o alumno teña unha visión diferente dos procedementos, ademais dos que lle ensina o seu profesor, e se habitúe a observar distintos enfoques da realidade pictórica.
Traballos de aula Trátase de que os alumnos adquiran un dominio técnico, en función do que queren representar, ao tempo que desenvolven unha linguaxe persoal baseada no traballo e a investigación.
Saídas de estudo/prácticas de campo Un grupo de estudantes realiza unha saída fóra do centro xunto cun profesor. Estas saídas son moi necesarias como complemento das ideas expostas na clase, así como tamén para incorporar novas formas de traballo e novas ideas.
Traballos tutelados Trátase de que os alumnos adquiran un dominio técnico, en función do que queren representar, ao tempo que desenvolven unha linguaxe persoal baseada no traballo e a investigación.
Sesión maxistral Comprensión por parte dos estudantes dos distintos procedementos pictóricos e da súa utilización na expresión artística.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000