Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación nas sesións. 10
Debates Terase en consideración a participación, así como o nivel de comprensión dos contidos de cada traballo e a capacidade de verbalización. 10
Traballos de aula Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 70
Presentacións/exposicións Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado. Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta. A preparación previa por parte do estudante para cada exposición é esencial. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios no aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia.En consecuencia con esta metodoloxía, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. Habilitarase unha data concreta ao fin do cuatrimestre para a presentación de traballos que non acadaran os niveis mínimos esixidos.


A recuperación en caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común consistirá, polo xeral, na repetición ou maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.


Probas de Avaliación na segunda oportunidade en xullo:  9 de Xullo de 2015 ás 10 horas.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000