Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión artística: Materia-Cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación nas sesións. 10 C1
C2
C6
Debates Terase en consideración a participación, así como o nivel de comprensión dos contidos de cada traballo e a capacidade de verbalización. 10 B15
C36
Traballos de aula Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas. 70 C2
C9
C12
C14
C19
C20
C31
C42
Presentacións/exposicións Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado. Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta. A preparación previa por parte do estudante para cada exposición é esencial. 10 C2
C6
C31
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios no aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia.En consecuencia con esta metodoloxía, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. Habilitarase unha data concreta ao fin do cuatrimestre para a presentación de traballos que non acadaran os niveis mínimos esixidos. 


A recuperación en caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común consistirá, polo xeral, na repetición ou maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.


Probas de Avaliación na segunda oportunidade:  7 de Xullo de 2017 ás 10 horas.

Probas de Avaliación Fin de Carreira: 26 Outubro 2017 ás 10 horas


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000