Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Historia: Historia da arte
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte
A2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
A4 Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade
A5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
A6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
A8 Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo
A37 Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística
B1 Capacidade de xestión da información.
B15 Sensibilidade a respecto do patrimonio cultural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000