Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas gráficas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase:
- a asistencia a clase e a atención activa.
- a intervención ao final das leccións con preguntas ou comentarios.
- a participación nos seminarios e debates, así como a colaboración a partir da investigación persoal.
- a correcta aplicación dos contidos das sesións no proxecto teórico e práctico.

10%
Proxectos Presentación dunha pequena memoria/proxecto teórico:
Valorarase, por unha parte, a motivación teórica del proxecto e, pola outra, a súa planificación e produción (durante as prácticas de laboratorio).
- Sistema de avaliación continua ata a entrega da memoria.
Criterios de avaliación:
- Comprensión dos conceptos propios da obra gráfica múltiple, expostos nas clases maxistrais e nos seminarios participativos.
- Capacidade de análise e de relación entre os diferentes contidos e a súa aplicación para o seu propio proxecto.
- Claridade de expresión na exposición.
- Ampliación dos coñecementos e das referencias artísticas.
- Uso correcto da terminoloxía propia e das citas.
- Orixinalidade e rigor na presentación do tema.
20%
Prácticas de laboratorio Entrega dunha carpeta coas estampas realizadas, seguindo a idea de proxecto evolutivo (multiplicación-transformación).
Valorarase a produción do proxecto, a súa planificación, realización e presentación segundo os criterios seguintes:
Criterios de avaliación xerais:
- Sistema de avaliación continua e dos traballos entregados (carpeta cun mínimo de 10 estampas, tamaño de matriz entre A4 e A3).
- O interese artístico das imaxes estampadas. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario, o profesor valorará este aspecto unilateralmente.
- A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos, tanto na elaboración e evolución das matrices como na súa correcta estampaxe. Valorarase a complexidade dos procedementos empregados.
- A adecuación dos procedementos que se utilicen ao proxecto e linguaxe propios.
- A planificación e realización das diferentes etapas do proxecto evolutivo.
- A capacidade de experimentación e a curiosidade investigadora do alumno.
- A coherencia ou incoherencia de todos os exercicios do alumno.
- A asistencia a clase.
- A participación na dinámica da clase, tanto en tarefas de organización (limpeza, adquisición e bo uso de materiais colectivos, etc.) como en noutras posibles colaboracións co grupo de clase.
70%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
convocatoria extraordinaria de Xullo día 6 as 16,00h de 2015
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000