Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Arte: Arte e modernidade Código P01G010V01401
Titulación
Grao en Belas Artes
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Pintura
Coordinador/a
Cendán Caaveiro, Marina Susana
Correo-e scendan@uvigo.es
Profesorado
Castro Fernandez, Belen Maria
Cendán Caaveiro, Marina Susana
Fernández Fariña, Almudena
Web
Descrición xeral A asignatura Arte e Modernidade é un dos pilares sobre os que se vertebra a ensinanza de Historia da Arte no actual plan de estudos de grao da Facultade de BBAA de Pontevedra. A asignatura estructúrase nunha secuencia de quince bloques semanais para impartir nun cuadrimestre.
A especificidade do plan de estudos da Facultade conduciunos a realizar un proceso selectivo de temáticas que responde máis ben a unha idea de praxis -no ámbito cotián dos nosos alumnos- que a unha idea teórica de reconducción a través dunha Historia da Arte desvinculada da máxima complementariedad e interdisciplinariedad que caracteriza aos estudos de BBAA.
Iniciamos así un percorido que comeza no século XIX, dentense esporádicamente nas linguaxes do tránsito ao novo século e de maneira intensiva na Modernidade, nas vangardas históricas do século XX, sen dubida o punto forte do programa.
Sobrevolaremos someramente o periodo artístico de entreguerras e concluiremos nas segundas vangardas dos anos 60, fundamentais para pechar un círculo no que se desmontan os patróns que rexiron a arte occidental durante séculos.
Sen dúbida cada unha destas temáticas requerirúa un cuadrimestre completo, sen embargo debemos adaptarnos ás circunstancias e establecer unhas prioridades que levan aparelladas a omisión de determinados artistas e movementos.
Non obstante albergamos a convicción de que a riqueza dos diálogos e matices que se ofrecen, profundizando nos avances e reveses dos periodos a tratar, compensen aquelas partes da historia que quedan en elipsis.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000