Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación e exposición oral dos exercicios que se propoñan no trancurso das clases 10
Sesión maxistral Valoración da asistencia á clase 10
Saídas de estudo/prácticas de campo Valoración da asistencia ás saídas de estudo que se propoñan 10
Probas de resposta curta Realización dunha proba final ao remate do cuadrimestre 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha asignatura compartida
entre dúas profesoras: Susana Cendán (90%) e Almudena Fernández Fariña (10%)

A
metodoloxía da asignatura modúlase en clases teórico/prácticas. As CLASES
TEÓRICAS
(2 horas á semana) consisten na exposición oral dunha serie de
nocións e coñecementos científicos apoiados en soportes audiovisuais cuxo
obxectivo persigue que o alumno acade puntos de vista propios e globalizadores
sobre os contidos da materia. As introduccións teóricas inician ao alumno no
territorio da Historia da Arte de xeito gradual e ordenado.  Os “apuntes
de clase”,
tomados como unha reflexión en torno aos contidos do temario, só
serán realmente efectivos si se complementan coas referencias bibliográficas
descritas no programa.

A
asistencia às clases teóricas é un requisito imprescindible para a correcta
aprenhensión dos contidos do programa. Prégase puntualidade.

As
CLASES PRÁCTICAS compartiméntanse en cinco grupos ou seminarios de
traballo (P1, P2, P3, P4 e P5) de unha hora e media de duración cada un. As clases
prácticas
amplian e profundizan nos contidos teóricos da asignatura,
permitindo desenvolver análises máis detidas sobre problemáticas concretas así
como unha participación real e eficaz do alumno. Os contidos das clases
prácticas consisten en lecturas e análises de textos, visualización de
documentais, exercicios, debates, comentarios de visitas expositivas, etc.,
relacionados cos contidos da asignatura. Prégase a máxima puntualidade.

As horas de traballo autónomo do alumno. O
modelo educativo do EEES (Espacio Europeo de Educación Superior) aboga por
metodoloxías docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante,
a súa implicación e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata na aula. O
alumno, como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o novo
papel de actor principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora da
aula: a súa formación depende en gran medida do traballo que realiza fora
da aula
. Así o contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS.

A
avaliación da asignatura Arte e Modernidade conxuga, en
definitiva, as dúas opcións que se detallan a continuación:

1.
Unha evaluación continuada baseada no control semanal dos exercicios e
actividades propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A
pertenza a un grupo de traballo é inamovible. Non se valorará a realización de
exercicios fora do grupo de traballo correspondente. Si o seguimento do
traballo é discontinuo non poderá ser valorado e será calificado como non
presentado.

Terase
en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas concretas.
A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente.

A
avaliación continuada implica en termos de cualificación un 30% do
valor da asignatura
.

2.
Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de
carácter sumatorio ao final do cuadrimestre, e cuxo valor supón un 70% do
total da asignatura
. A aplicación da presente proba permítelle ao profesor
analizar resultados e obter valoracións concretas do aprehendido polo alumno ao
longo do cuadrimestre.

A
proba de exame consiste en cinco preguntas (cada unha das cales vale
entre 1 e 2 puntos) das que se valorará o seguinte:

           
. A alusión ao contexto, referentes e aportacións da peza/linguaxeo ou artista
proposto. Analizar unha imaxe non significa describir literalmente o que
aparece en pantalla, senón proporcionar análises críticos en función do
estudado.

           
. O espazo de escritura debe limitarse ás liñas de puntos da proba en papel que
entrega o profesor a cada alumno o día do exame. Recoméndase aos alumnos
proverse de folios para realizar borradores previos á redacción final.

           
. Apreciarase a boa redacción, a correcta denominación de estilos e artistas,
así como a precisión ortográfica.

           
. Pregase asimesmo puntualidade e boa letra.

3. Convocatoria extraordinaria (xullo). A convocatoria de xullo consistirá "exclusivamente" na realización dunha proba teórica similar á realizada en primeira convocatoria.

 

DATAS DE EXAME:

Convocatoria de xuño: Venres 22 de maio de 2014

GRUPOS
P1, P2 e P3 de 10 a 11:30
horas         Lugar: Salón de Actos

GRUPOS
P3 e P4 de 16 a 17:30
horas               Lugar: Salón de Actos

Convocatoria de xullo: Luns 7 xullo de 12 a
14 horas (Todos os grupos)      Lugar: Salón de
Actos

 



*AVISO: O uso de teléfonos móviles durante a realización da proba pode supoñer a expulsión do alumno da mesma.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000