Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Antropoloxía: Antropoloxía da arte/P01G010V01101
Historia: Historia da arte/P01G010V01202
Arte e contemporaneidade/P01G010V01601
Filosofía da arte/P01G010V01501
Arte e espazo social/P01G010V01901
Artes afíns/P01G010V01801

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Antropoloxía: Antropoloxía da arte/P01G010V01101
Historia: Historia da arte/P01G010V01202
Arte e contemporaneidade/P01G010V01601
Filosofía da arte/P01G010V01501

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia: Historia da arte/P01G010V01202
 
Outros comentarios
A asignatura Arte e Modernidade é un dos pilares sobre os que se vertebra a ensinanza de Historia da Arte no actual plan de estudos de grao da Facultade de BBAA de Pontevedra. A asignatura estructúrase nunha secuencia de quince bloques semanais para impartir nun cuadrimestre. A especificidade do plan de estudos da Facultade conduciunos a realizar un proceso selectivo de temáticas que responde máis ben a unha idea de praxis -no ámbito cotián dos nosos alumnos- que a unha idea teórica de reconducción a través dunha Historia da Arte desvinculada da máxima complementariedad e interdisciplinariedad que caracteriza aos estudos de BBAA. Iniciamos así un percorido que comeza no século XIX, dentense esporádicamente nas linguaxes do tránsito ao novo século e de maneira intensiva na Modernidade, nas vangardas históricas do século XX, sen dubida o punto forte do programa. Sobrevolaremos someramente o periodo artístico de entreguerras e concluiremos nas segundas vangardas dos anos 60, fundamentais para pechar un círculo no que se desmontan os patróns que rexiron a arte occidental durante séculos. Sen dúbida cada unha destas temáticas requerirúa un cuadrimestre completo, sen embargo debemos adaptarnos ás circunstancias e establecer unhas prioridades que levan aparelladas a omisión de determinados artistas e movementos. Non obstante albergamos a convicción de que a riqueza dos diálogos e matices que se ofrecen, profundizando nos avances e reveses dos periodos a tratar, compensen aquelas partes da historia que quedan en elipsis.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000