Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Pintura Código P01G010V01404
Titulación
Grao en Belas Artes
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pintura
Coordinador/a
Huete Vales, Ángel
Correo-e anxel@uvigo.es
Profesorado
Huete Vales, Ángel
Perez-Jofre Santesmases, Ignacio
Web
Descrición xeral Esta materia trata sobre a aplicación de estratexias específicas, teóricas e prácticas dirixidas a dotar ao alumno das capacidades e coñecementos imprescindibles para unha correcta operatividade intelectual e técnica nas tarefas propias da produción pictórica.
A pintura é unha actividade artística destinada a unha experiencia sensorial, intelectiva e de certa complexidade, e sérvese da ordenación e xustaposición de recursos materiais, plásticos e conceptuais en forma de marcas visuais. O territorio ampliado da pintura emprega signos visuais, xunto con outros procesos de significación que a técnica, a historia e o contexto implican no feito pictórico.
O coñecemento perceptivo é inseparable da experiencia mental acumulada e dos procesos intelectivos de formación de ideas e de modelos. Proporase, por tanto, un proceso no que participen tres elementos de relación: a materia, os signos visuais básicos (plásticos e icónicos) e os sistemas a través dos cales materia e signos articulan coñecemento.
Por outra banda, os elementos de significación, con independencia da presenza material de pintura, abren outra vía cara a ampliación do territorio da pintura a obras non realizadas con materia pictórica que, non obstante, maniféstanse en consonancia con esa tradición e establecen relacións de permeabilidade con outros medios.
É na relación de complementariedade onde con frecuencia se polarizan sínteses de pensamento por pares de oposición retórica, ao estilo de: teoría e práctica, intelectual e técnico, distante e próximo, frío e emotivo, racional e místico, obxectivo e subxectivo, reflexivo e espontáneo, etc., desde onde se proporá abordar os aspectos relativos á natureza conceptual, formal e material da pintura así como tamén establecer a relación de diferenza que vai desde a representacionalidade como reprodución icónica (fotográfica, por exemplo) da realidade ata a obxectualidade, ben matérica, ben enunciativa (abstracción) como realidade mesma.
Esta materia desenvolve a aprendizaxe teórica e práctica no propio exercicio da produción pictórica.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000