Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
   Contidos
Tema Subtema
- Natureza conceptual, formal e material da pintura. Breve consideración de antecedentes referidos a movementos históricos de ruptura convertidos en referentes paradigmáticos, por exemplo: romanticismo, realismo, expresionismo, cubismo, abstracción, surrealismo, etc. -Comprobación da relación entre conceptualidade e formalidade na obra de artistas tamén de referencia, como Malevich ou Magritte. Consideración de outras disciplinas: arquitectura, deseño, música,rtc.
- Desenvolvemento do vocabulario pictórico e o sistema de categorías asociadas á abstracción e a fotografia asi como a outras disciplinas pictóricas.
-Manexo de fontes documentais da imaxe. O coñecemento a través de imaxes producidas por outros (coñecemento vicario), imaxes artísticas, fotográficas e técnicas. A instrumentalización destas imaxes, a cita, o apropiacionismo, etc. A fotografía como referente documental, técnico e discursivo.
- O trazo, a pegada e o xesto na pintura. Os signos indéxicos como sinais inefables na fotografía e nalgúns procesos abstractos.
-Relación entre referencialidade icónica e indicialidade, outros sistemas e recursos cara a discursividade. Consideración dos signos visuais.

- Dimensións materiais, simbólicas e culturais dos soportes e formatos. Connotacións dos materiais. -Natureza dos referentes artísticos que compoñen o imaxinario popular en relación cos referentes que se establecen no imaxinario de iniciados.
- Introdución ao espazo pictórico: espazo ilusionista, espazo descontinuo, espazo pantalla, espazo fragmentado e outras consideracións. - Valoración da realidade: diferenciación, xeneralización, punto de vista, distancia, as partes e o todo, orde e caos, definición e verosimilitude.
-Conceptualidade e formalismo, e a súa relación dialéctica. -Desenvolvemento dos aspectos ligados á pintura como obxecto e como representación.
- Emotividade e distancia, dous parámetros que interactúan.
-Emotividade e distancia noutras disciplinas: música,teatro, etc.
- Desenvolvemento dos aspectos de organización e composición pictórica. Consideración das tendencias compositivas. A composición e a abstracción.
-A composición en relación á textura e á indicialidade.
- Valores culturais na comunicación. Discursividade e carga ideolóxica (retórica).
-Análise e lectura da obra pictórica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000