Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Consistirá na avaliación continua no transcurso da docencia da materia. Valoraranse os seguintes aspectos: a evolución persoal, os procesos de desenvolvemento coherente das problemáticas xurdidas a partir do encontro creativo coas premisas teóricas e máis cos soportes técnicos abordados, a participación activa e o seguimento da materia, así como a actitude no obradoiro relativa á asistencia, puntualidade e aceptación da normativa dos procesos propostos desde o profesorado.
O interese é o criterio personalizado nas diferentes actividades de estudo, creación, participación e análise da materia.
Realizarase unha parte importante da cualificación final a partir dos resultados acadados na entrega dos distintos traballos (prácticos e teóricos) estipulados ao comezo e no transcurso da materia.
80
Resolución de problemas e/ou exercicios Atenderá ao apropiado nas respostas en tests e comentarios, así como á precisión no léxico e na capacidade argumental.
A avaliación considerará a asistencia aos visionados cinematográficos,audicións musicais, etc. pola incidencia que estes terán no alcance teórico da materia, e pola eventual aplicación en exercicios prácticos.
10
Debates Considerarase a pertinencia da participación nos debates, a achega de criterios fundamentados e a implicación. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para presentarse á segunda
convocatoria é imprescindible achegar todos os traballos realizados ao
longo do curso e estar en disposición de dar resposta a algún test por
escrito no caso de non ter asistido aos controles teóricos, visionados
cinematográficos, etc. que eventualmente se fixeran no cuadrimestre. O exame propiamente dito terá en conta o tempo de que dispón o alumno para a súa execución. Para axilizar o
seu desenvolvemento, o enunciado da proba pendurarase no taboleiro do curso,
polo menos, unha semana antes.


O alumno que non estea presente
quince minutos despois da hora establecida para o comezo do exame, será
considerado non presentado.
PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 9 DE XULLO 2015 ÁS 12.00 HORAS

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000