Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Artes afíns
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase:
-Comprensión, asimilación e aplicación dos contidos da materia.
-Complexidade e profundidade da análise.
-Orixinalidade do enfoque e achegas persoais á análise.
-Claridade da análise e da redacción.
-Calidade da redacción.
-Cumprimento na data de entrega.
20
Debates Valorarase a participación nos debates, as achegas e enfoques persoais, as capacidades analítica, crítica e argumentativa. 5
Traballos de aula Valorarase a asimilación e aplicación dos contidos impartidos no aula, as fontes consultadas e a actitude investigadora, o interés do traballo e a súa adecuación á proposta, a orixinalidade do enfoque, a implicación no exercicio e o cumprimento na data de entrega. 55
Presentacións/exposicións Valorarase a asimilación dos contidos impartidos e as lecturas efectuadas, a contribución de cada estudante á exposición do traballo, as súas capacidades comunicativas e de transferencia e as súas capacidades analítica, crítica e argumentativa. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será contínua.

Exame xullo 2014;  día 8 de xullo as 10,oo (os alumnos que non estean presentes as 10,15 cosideraranse non presentados)

Para aprobar a materia, o alumnado ten que elixir, de entre os seminarios e eventos propostos polo profesorado, un 60% como mínimo.

Para a mellora e a recuperación na aprendizaxe, é necesario que o/a alumno/a adquira solvencia teórica formulándolle dúbidas ao profesorado, participando nos debates desenvolvidos na aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material subministrado, etc. Tamén é preciso que efectúe unha revisión crítica dos traballos e proxectos realizados e que incremente o seu coñecemento práctico mediante a asistencia ás manifestacións culturais dos eidos do cinema, a danza, o teatro, a música, a arquitectura e o deseño.

Segunda
convocatoria: indicaráse a cada estudiante aqueles traballos que debe
presentar ou completar e/ou se ten que realizar algunha proba de
avaliación específica.





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000