Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Artes afíns
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase:
- Asistencia ás clases e puntualidade.
- Participación no desenvolvemento da clase.
10
Traballos tutelados Valorarase:
- Comprensión, asimilación e aplicación dos contidos da materia.
- Complexidade e profundidade de análise.
- Orixinalidade do enfoque e achegas persoais á análise.
- Claridade da análise e da redacción.
- Calidade da redacción e uso do léxico.
<br>-Cumprimento na data de entrega.
60
Debates Valorarase:
-Participación nos debates.
-Achegas e enfoques perdoais.
-Capacidades analítica, crítica e argumentativa.
5
Traballos de aula Valorarase:
- Asimilación e aplicación dos contidos impartidos no aula.
- Interese do traballo e a súa adecuación á proposta.
- Orixinalidade do enfoque.
- Implicación no exercício.
- No seu caso, cumprimento na data de entrega.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será contínua. A asistencia sistemática ás actividades programadas, a implicación e a participación son factores imprescindibles cara a consecución dos obxectivos da materia.

Para a mellora e a recuperación na aprendizaxe, é necesario que o/a alumno/a adquira solvencia teórica formulándolle dúbidas ao profesorado, participando nos debates desenvolvidos na aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material subministrado, etc. Tamén é preciso que efectúe unha revisión crítica dos traballos e proxectos realizados e que incremente o seu coñecemento práctico mediante a asistencia ás manifestacións culturais dos eidos do cinema, a danza, o teatro, a música, a arquitectura e o deseño.

SEGUNDA CONVOCATORIA: Indicaráse a cada estudiante aqueles traballos que debe
presentar ou completar e/ou se ten que realizar algunha proba de
avaliación específica. A data tope para entrega de traballos desta convocatoria será o 
 8 de xullo de 2015 ás 10h. No caso de ter que realizarse unha proba específica na segunda convocatoria ésta terá lugar o mesma data e hora.. 





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000