Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Os aspectos básicos da guía docente serán expostos no aula, así como as actividades que se van a desenvolver ao longo do cuatrimestre co seu calendario correspondente. Propoñerase unha proba curta como diagnóstico de punto de partida e como reflexión dos coñecementos previos que ten o alumno.
Metodoloxías integradas Aplicaremos unha metodoloxía baseada na indagación en base a seguintes fases:
1) Focalización: os/a alumnos/as describen e clarifican as súas ideas, a través da discusión e o debate, abordando temáticas da materia.
2) Exploración: os/as estudantes traballan con materiales concretos ou información específica buscando respostas aos seus cuestionamentos.
3) Reflexión: os/as alumnos/as organizan os datos, comparten as ideas e analizan e defenden os seus resultados. Durante esta fase o relevante é comunicar ideas e explicar os procedementos, o que axuda a consolidar a aprendizaxe.
4) Aplicación: os alumnos levará a cabo o aprendido realizando un prototipo e un dossier explicativo.
Sesión maxistral Cando se inicie cada bloque de contidos, expoñerase no aula cos recursos necesarios e propoñerase a secuencia de traballo, explicando tamén a secuencia de aprendizaxe. En cada un dos temas facilitarase a bibliografía específica.
Obradoiros Espazo para o traballo en grupo onde se entrecruzan experiencias, intereses, opinións e coñecementos. Pensar en grupo favorece a interconexión de ideas, relacionando o individual e o colectivo.
Empregaremos unha metodoloxía participativa estimulando as motivacións individuais para que poidan revertir nas metas do grupo e integrarse no proceso de ensinanza aprendizaxe. Aplicaremos dinámicas de grupo e técnicas técnicas visuais (videoforum, filmacións do grupo…) que faciliten a comunicación e a experimentación de diferentes roles dentro do grupo.
Saídas de estudo/prácticas de campo Poñeranse en práctica os distintos programas para a avaliación dos prototipos.
Debates O debate é unha ferramenta de ensinanza aprendizaxe, xira entorno a unha pregunta ou problemática a analizar polos/as alumnos/as. Durante o mesmo os/as alumnos/as exporán e argumentarán o seu posicionamento que se porá en cuestión para finalmente extraer unhas conclusións.
Mediante esta ferramenta conseguiremos que o/a alumno/a desenvolva distintas competencias cognitivas, de análisis, de expresión en público, argumentativas, etc., ao ter que comunicar e defender os seus coñecementos en público, facendo que este sexa significativo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000