Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiros Realizarase un seguimento personalizado do alumnado a través da observación directa, en base a uns criterios definidos (participación, capacidade comunicativa, colaboración…), que se reflexará nunha ficha persoal para ter o rastro e testemuño do seu proceso formativo co fin de poder dar resposta ás necesidades específicas de cada alumno/a. Farese un seguimento do proceso grupal a través dunha avaliación continua rexistrando nun caderno de campo as cuestións máis relevantes de cada sesión .
Debates Tomaranse notas das habilidades comunicativas e argumentativas de cada alumno/a que se reflexará nunha ficha persoal para ter o rastro e testemuño do seu proceso formativo. Nas sesións de tutorías se comentará a súa evolución. Nas propias sesión grupais faranse recomedacións de mellora cara unha exposición clara, consisa e ben argumentada.
Metodoloxías integradas Observaremos a evolución do grupo e de cada un dos seus componentes en cada unha das fases, elaborando unha ficha de seguimento do proceso creativo e do traballo colaborativo. Orientaremos ao alumnado para solventar os bloqueos do proceso de indagación e resolver dúbidas sobre a elaboración do prototipo e dossier explicativo nas sesións de tutorías tanto individualizadas como grupais.
Probas Descrición
Probas de resposta curta Tomaranse notas da capacidade de síntese do/a alumno/a así como a asimilación de coñecementos, que se reflexarán nunha ficha persoal para ter o rastro e testemuño do seu proceso formativo. Realizarán tutorías individualizadas para orientar e ofrecer recursos complementarios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000