Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Metodoloxías integradas Observarase e valorarase a actitude de colaboración e participación, a organización entre os alumnos e a empregada nos traballos presentados. Isto conforma unha parte fundamental no proceso de aprendizaxe.Teranse en conta as competencias adquiridas a través do desenvolvemento dos tres proxectos e da realización dos tres prototipos cos seus programas e informes de avaliación.O resultado do traballo autónomo e do traballo de aula quedará reflectido nos dossiers. 10
Obradoiros Observarase a diversidad de solucións e a riqueza na resolución de problemas. Tomaranse notas do proceso.Todo isto terá que estar reflectido nos dossiers. 25
Saídas de estudo/prácticas de campo Valorarase o informe emitido, froito da experiencia práctica e do debate.Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers. 10
Cartafol/dossier Suscitásense tres proxectos,unha vez terminada cada experiencia, o alumno presentará un dossier no que reflectirá o proceso creativo.Nestes tres documentos, poderemos valorar os traballos realizados polos alumnos nas distintas actividades programadas: estudo e análise de situacións, toma de decisións, talleres, proposta de traballo, programa de avaliación e informe de efectividad do prototipo deseñado.Valoraranse a estrutura, a secuencia e os recursos que se utilicen para reflectir mellor o proceso.As ilustracións, a maquetación e a presentación de cada dossier teñen que ser coherentes co contido, xa que son parte da comunicación de ideas. O martes 14 de maio 2013 será a data limite para ter entregados os tres dossiers. 50
Probas de resposta curta Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesor formula cuestións oportunas coa intención de valorar que é o que sabe e que é o que debe saber o alumno. Con estas probas, non só teremos información sobre os coñecementos significativos do alumno, senón que utilizaremos esta técnica como recurso para que o alumno sintetice as súas ideas.Estas conclusións tamén se verán reflectidas no dossier. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O criterio de valoración esta definido polas competencias específicas que esta materia propón que alcancen os alumnos.

As horas presenciais teñen que cumprirse, xa que coas técnicas educativas que se aplicarán na aula, é imprescindible que o alumno participe no seu proceso e o profesor o dirixa e estimule.

Pasarase unha folla de firmas co nome da materia e a data, para que o alumno confirme a súa presenza. Isto terase en conta á hora de avaliar.

Na segunda convocatoria, poderán presentarse os alumnos que, habendo asistido a clase , polas razóns que sexan, non presentaran algunha documentación ou algún dos dossiers ao terminar o periodo lectivo. Estes alumnos terán a oportunidade de completar a entrega na convocatoria extraordinaria de xullo: 9 XULLO, 10:00

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000