Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Metodoloxías integradas Observarase e valorarase a actitude de colaboración e participación, a organización entre os alumnos e a empregada nos traballos presentados. Isto conforma unha parte fundamental no proceso de aprendizaxe.Teranse en conta as competencias adquiridas a través do desenvolvemento dos tres proxectos e da realización dos tres prototipos cos seus programas e informes de avaliación.O resultado do traballo autónomo e do traballo de aula quedará reflectido nos dossiers. 10
Obradoiros Observarase a diversidad de solucións e a riqueza na resolución de problemas. Tomaranse notas do proceso.Todo isto terá que estar reflectido nos dossiers. 25
Saídas de estudo/prácticas de campo Valorarase o informe emitido, froito da experiencia práctica e do debate.Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers. 10
Cartafol/dossier Expuxésense tres proxectos,
unha vez terminada cada experiencia, o alumno presentará un dossier no que reflectirá o proceso creativo.
Neste tres documentos, poderemos valorar os traballos realizados polos alumnos nas distintas actividades programadas: estudo e análise de situacións, toma de decisións, talleres, proposta de traballo, programa de avaliación e informe de efectividade do prototipo deseñado.
Valoraranse a estrutura, a secuencia e os recursos que se utilicen para reflectir mellor o proceso.
As ilustracións, a maquetación e a presentación de cada dossier teñen que ser coherentes co contido, xa que son parte da comunicación de ideas.
50
Probas de resposta curta Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesor formula cuestións oportunas coa intención de valorar que é o que sabe e que é o que debe saber o alumno. Con estas probas, non só teremos información sobre os coñecementos significativos do alumno, senón que utilizaremos esta técnica como recurso para que o alumno sintetice as súas ideas.Estas conclusións tamén se verán reflectidas no dossier. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación sera continua e sumativa ao final do período lectivo.

O criterio
de valoración esta definido polas competencias específicas que
esta materia propón que alcancen os alumnos.

As horas
presenciais teñen que cumprirse, xa que coas técnicas educativas que
se aplicarán na aula, é imprescindible que o alumno participe
no seu proceso e o profesor diríxao e estimule.

Pasarase unha folla de firmas co nome da materia e a data,
para que o alumno confirme a súa presenza. Isto terase
en conta á hora de avaliar.

Na
segunda convocatoria, poderán presentarse os alumnos
que, asistindo a clase
, polas razóns que sexan, non presentaron algunha documentación ou algún dos dossiers ao terminar o período
lectivo. Estes alumnos terán a oportunidade de completar a
entrega na convocatoria extraordinaria de xullo: 7 XULLO, 10:00

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000