Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Metodoloxías integradas Observarase e valorarase a actitude de colaboración e participación, a organización entre os alumnos e a empregada nos traballos presentados. Isto conforma unha parte fundamental no proceso de aprendizaxe.Teranse en conta as competencias adquiridas a través do desenvolvemento dos tres proxectos e da realización dos tres prototipos cos seus programas e informes de avaliación.O resultado do traballo autónomo e do traballo de aula quedará reflectido nos dossiers. 10 B1
B5
B8
B11
B14
B16
C14
C19
C23
C25
C29
C36
C39
C48
C49
Obradoiros Observarase a diversidad de solucións e a riqueza na resolución de problemas. Tomaranse notas do proceso.Todo isto terá que estar reflectido nos dossiers. 25 B1
B2
B5
B8
B12
C2
C14
C25
C36
C39
C46
C48
Saídas de estudo/prácticas de campo Valorarase o informe emitido, froito da experiencia práctica e do debate.Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers. 10 B1
B8
B12
C2
C4
C17
C33
Cartafol/dossier Proporanse un recurso educativo e ,unha vez rematado, o alumno presentará un dossier no que reflectirá o proceso creativo.
Neste documento poderemos valorar o traballo realizados polo alumnado nas distintas actividades programadas: estudo e análise de situacións, toma de decisións, talleres, proposta de traballo, programa de avaliación e informe de efectividade do prototipo deseñado.
Valoraranse a estrutura, a secuencia e os recursos que se utilicen para reflectir mellor o proceso.
As ilustracións, a maquetación e a presentación de cada dossier teñen que ser coherentes co contido, xa que son parte da comunicación de ideas.
50 B1
B2
B5
B8
B12
C13
C14
C24
C35
C39
C45
C47
C48
C49
Probas de resposta curta Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesor formula cuestións oportunas coa intención de valorar que é o que sabe e que é o que debe saber o alumno. Con estas probas, non só teremos información sobre os coñecementos significativos do alumno, senón que utilizaremos esta técnica como recurso para que o alumno sintetice as súas ideas.Estas conclusións tamén se verán reflectidas no dossier. 5 B1
B3
C2
C4
C13
C15
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación sera continua e sumativa ao final do período lectivo.

As horas presenciais teñen que cumprirse, xa que coas técnicas educativas que se aplicarán na aula, é imprescindible que o alumno participe no seu proceso e o profesor o dirixa e estimule.

NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO, poderán presentarse os alumnos que, asistindo a clase , polas razóns que sexan, non presentaron algunha documentación ou algún dos dossiers ao terminar o período lectivo. Estes alumnos terán a oportunidade de completar a entrega na convocatoria extraordinaria de xullo 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 10 DE XULLO 2017 a las 10.00 h

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA FIN DE CARREIRA: 31 outobro de 2016 ás 10:00 h
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000