Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e espazo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións O alumno expón na clase os traballos que realizou e os explica nun tempo duns cinco minutos.
Sesión maxistral A profesora explica en clase os temas da materia e amosa imaxes en relación a cada tema.
Debates A profesora entrega un texto que o alumno analiza de forma crítica. Posteriormente e en grupo, debátense as ideas expostas.
Traballos tutelados Durante o cuadrimestre realízanse catro traballos prácticos que se irán presentando na clase. Tamén se indicarán: a forma de presentación e os tempos de entrega.
Titoría en grupo Analízase en grupo o desenvolvemento dos proxectos de cada alumno. Tanto os alumnos como a profesora discuten sobre os asuntos formais ou de contido que atinxen aos traballos.
Actividades introdutorias Despois da formulación de cada exercicio, realízase en clase e en grupo una chuvia de ideas, para describir os posibles campos de actuación. Posteriormente, as propostas ordénanse e anótanse.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000