Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de arte de acción
   Contidos
Tema Subtema
Análise e estudo da evolución histórica das artes de acción. As veladas futuristas.
As accións dadaístas.
Comportamentos surrealistas.
O teatro sen teatro.
Happening.
Performance.
Fluxus.
Body art.
Do obxectual ao conceptual.
Arte de acción e contemporaneidade.

Coñecemento dos recursos fundamentais da arte de acción: o corpo, o tempo e o espazo. O CORPO: aproximación á presenza do corpo entendida como soporte da práctica artística contemporánea.
O corpo como instrumento comunicativo na arte de acción.
O corpo como axente, o corpo como personaxe e o corpo como materia.
A importancia do corpo noutros procesos artísticos de carácter performativo.
O TEMPO: a consciencia do tempo subxectivo. Relación tempo-espazo.
O tempo como elemento construtivo da acción: casos de estudo fundamentais.
Tempo real e tempo virtual nas artes de acción. O ESPAZO: o contexto espacial como axente activo de significado.
Sentir e crear o espazo.
Os espazos heteroxéneos da arte de acción.

Relación da arte de acción con outro tipo de prácticas artísticas. A arte de acción e o multidisciplinar.
Os procesos performativos fóra da conxunción corpo, tempo e espazo.
Intervencións.
O teatro: desvíos e limites coa arte de acción.
Periferias da acción. A pesar de que a arte de acción é unha práctica que normalmente non se produce e presenta mediante as institucións oficiais da arte (galería, museo, organismo institucional/gobernamental) ten unha presenza cada vez máis importante no panorama oficial das artes visuais dentro do que poderíamos denominar o primeiro mundo.

Neste bloque temático analizaremos e observaremos o comportamento daquelas prácticas performativas que teñen lugar fóra deste panorama primeiromundista. A través deste estudo tentaremos localizar as diferenzas, particularidades ou semellanzas que existen entre a arte de acción dos centros e a arte de acción que se produce no que, dun xeito xeral, se pode denominar periferia artística. Para abordar esta análise deberemos entender o concepto «periferia» nun sentido amplo que transcende o puro límite xeográfico.


Aquí e agora: unha posible clasificación da arte de acción en España. Análise e estudo das principais liñas de traballo dos artistas que están practicando a arte de acción no Estado español.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000