Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de arte de acción
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Os alumnos traballan de xeito individual na aula baixo o seguimento continuo por parte do profesor. Durante o curso, o profesor fará unha orientación crítica do traballo do alumno, respectando os intereses fundamentais do proxecto creativo do alumno. Alén destas tarefas, no traballo de aula tamén se proporán outro tipo de actividades como visualización e comentario crítico de vídeos, comentarios abertos sobre a evolución dos proxectos dos alumnos, etc.

Obradoiros Seminarios ou obradoiros de duración curta a cargo dun profesional de prestixio dentro da área de coñecemento. Estes seminarios poden incluír conferencias, así como outro tipo de metodoloxías de índole máis práctica.
Saídas de estudo/prácticas de campo Durante o curso realizarase unha visita, xunto ao profesor, a un centro de arte, comunidade de artistas, agrupacións, estudo de artista, etc. Como regra xeral, visitaranse exposicións, eventos e artistas cuxa traxectoria teña que ver con algún dos temas propostos nos contidos desta guía docente.

Debates Durante o transcurso do curso, proporanse diferentes debates arredor da arte de acción. Os debates poderán partir do visionado de vídeos, artigos de revistas especializadas ou fragmentos dalgún dos libros recomendados na bibliografía.
Sesión maxistral Clase maxistral con apoio multimedia. Desenvolvemento dos contidos propostos nos bloques temáticos que definen a materia. Observación directa de traballos realizados polo alumnado doutras universidades. Análise de vídeos que documentan proxectos de arte de acción e que se relacionan cos contidos xerais da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000