Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de arte de acción
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
A avaliación vai ser continua, polo que a asistencia a clase é un requisito imprescindible para aprobar esta parte da avaliación.

Xunto coa asistencia, valorarase positivamente:

A presenza activa do alumno na clase.

A correcta progresión dos proxectos que se vaian desenvolvendo na aula.

A calidade, orixinalidade e creatividade dos proxectos artísticos desenvolvidos na aula.

O desenvolvemento teórico, a metodoloxía e a coherencia do traballo realizado ao longo do curso.

A capacidade investigadora do alumno

A capacidade de experimentación do alumno

O traballo previo de reflexión e investigación teórica de cada proxecto realizado dentro da aula

A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.



35%
Obradoiros Demostración, mediante a entrega dun comentario teórico, da correcta asimilación dos contidos esenciais do obradoiro, conferencia, etc.

5%
Saídas de estudo/prácticas de campo Demostración, mediante a entrega dun traballo teórico, da correcta asimilación dos contidos principais da exposición/evento visitado.



5%
Sesión maxistral

A asistencia ás sesións maxistrais será imprescindible para aprobar esta parte da avaliación.

Alén desta asistencia, o alumno terá que demostrar a correcta asimilación dos conceptos básicos que conforman os diferentes bloques temáticos da materia.

A participación do alumnado nestas sesións debe ser activa, aportando ideas ou coñecementos que poidan dar lugar a unha discusión colectiva de interese.

10%
Traballos e proxectos Alén do traballo diario na clase, durante o transcurso da materia desenvolveranse, polo menos, tres proxectos de arte de acción que serán presentados na clase.

Nestes traballos valorarase:

A calidade, orixinalidade e creatividade dos proxectos.

O desenvolvemento teórico, a metodoloxía e a coherencia do traballo.

A capacidade investigadora do alumno

A capacidade de experimentación do alumno

O traballo previo de reflexión e investigación teórica de cada proxecto.

A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.








25
Cartafol/dossier O dossier é o soporte teórico de cada un dos proxectos de arte de acción que periodicamente vanse presentar na aula.

O dossier debe estar centrado nunha análise rigorosa dos contidos fundamentais do proxecto, recursos formais e técnicos, obxectivos que se pretenden acadar coa proposta, referentes, etc.

Así mesmo, valorarase unha correcta redacción, expresión e presentación do dossier.


5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba de resposta longa se corresponde ca porba final de avaliación. Nesta proba valorarase a demostración da asimilación dos contidos fundamentais de cada tema proposto.

Xunto ca proba práctica o alumno terá que entregar un dossier onde razone os contidos fundamentais do seu traballo con un uso apropiado da terminoloxía teórico-práctica e unha correcta redacción e exposición das ideas expresadas polo alumno.








15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Proba final de avaliación: 16 de xaneiro do 2015 de 10:00 a 14:00.

EXAMEN CONVOCATORIA DE XULLO: 8 XULLO DO 2015, 16:00 h.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000