Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de deseño
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O método de avaliación no relativo aos traballos realizados na aula realizarase baixo un labor de seguimento persoal do proceso de desenvolvemento dos exercicios, en base aos seguintes criterios:
- O interese estético e funcional dos proxectos realizados.
- A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos e informáticos.
- A coherencia de todos os exercicios do alumno.
- A correcta realización dos proxectos e probas requiridos na aula nos prazos estipulados. Será obrigatorio a realización de entregas parciais dos exercicios co obxectivo de realizar un seguimento do traballo por parte do profesor.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de problemas e exercicios expostos na aula será fundamental para a realización do seguimento persoal e evolución dos traballos e proxectos dos alumnos. O alumno deberá obrigatoriamente e periodicamente asistir a estas clases de resolución de problemas e exercicios, de maneira que o profesor poida ter constancia da súa evolución e, en base a ela, realizar a avaliación pertinente deste aspecto. 15
Saídas de estudo/prácticas de campo Será obrigatoria a asistencia a cada un dos talleres planificados no desenvolvemento do cuadrimestre. 7
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a opinión e capacidade crítica en base á ampliación de coñecementos. 8
Traballos e proxectos O método de avaliación dos proxectos finais presentados por cada alumno rexerase en base aos seguintes criterios:
- O interese estético e funcional dos proxectos realizados. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario, o profesor valorará este aspecto unilateralmente.
- A coherencia de todos os proxectos do alumno.
- A metodoloxía e planificación do traballo.
- Traballo de reflexión e estudo previo ao proceso de elaboración dun proxecto.
- A correcta realización destes proxectos requiridos na materia nos prazos estipulados.
- A correcta elaboración formal (dixital e de impresión) e a súa presentación.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

7. SISTEMA DE AVALIACIÓN

 7.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 O método de avaliación da materia , realizarase de forma continua baixo un labor de seguimento na aula do proceso de desenvolvemento dos traballos persoais presentados por cada a alumno, e réxese en base ao seguintes criterios:

7.1.1. Criterios xerais de avaliación


  • O interese artístico e funcional dos traballos de deseño realizados. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario o profesor valorará este aspecto unilateralmente.
  • A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos e informáticos.
  • A capacidade de experimentación e a curiosidade investigadora do alumno.
  • A coherencia ou incoherencia de todos os exercicios do alumno.
  • A metodoloxía e planificación do traballo. Traballo de reflexión e estudo previo ao proceso da elaboración dun deseño.
  • A asistencia a clase e adecuada actitude e interese na aula
  • A correcta realización dos traballos e probas requiridos na materia nos prazos estipulados.

7.1.2. Criterios de avaliación da materia.

 Práctica.


  • A coherencia formal, estética e conceptual dos elementos utilizados no exercicio e a súa adecuación á proposta.
  • A xerarquía visual e composición.
  • A correcta elaboración formal (dixital e de impresión) e a súa boa presentación.
  • A creatividade e orixinalidade na formulación do exercicio dentro da especificidade e as pautas do proxecto así como interrelaciónelas coas propostas do Deseño Contemporáneo. 

Teórica


  • A ampliación dos coñecementos impartidos en clase.
  • Comprensión en profundidade dos conceptos que se explicaron e a consecuente claridade de expresión dos mesmos.
  • Capacidade de análise e de relación entre diferentes contidos.
  • Uso correcto da terminoloxía e das citas.
  • Orixinalidade e rigor na formulación do tema.
  • Boa presentación dos exercicios e traballos propostos.

Á hora de avaliar, diferenciásense claramente, os contidos mínimos cuxa superación supoña o aprobar a materia e dos que sirvan para establecer puntuacións máis elevadas.

Non se recollerá ningún traballo e por conseguinte non será avaliado, aqueles alumnos(as) que non entregasen previamente  a ficha da materia cunha foto recente.

7.2. Convocatoria ordinaria de Decembro

Para a avaliación do curso académico na convocatoria de Decembro e así aprobar por curso, o profesorado esixirá a presentación mínima dunha serie de entregas-correccións do traballo do curso ao longo do cuadrimestre e que o alumno deberá superar cunha cualificación mínima de “suficiente” nas datas estipuladas. Estas entregas-correccións completaranse coa entrega final do Proxecto Persoal Global.

Será necesario realizar polo menos o 80% desas entregas para poder ser avaliado.

7.3. Convocatoria extraordinaria de Xullo:

3 XULLO 2015, 10:00

Cando o alumno(a) non alcance o nivel esixido ou non se presente ás convocatorias normais de avaliación do curso, articúlase un sistema de “probas de recuperación”. Ademais o alumno(a) disporá da convocatoria extraordinaria de Xullo.

O alumno(a) estará obrigado a entrégalas-correccións do traballo(s) proposto(s) polos profesores durante o curso académico.

Ademais da devandita entrega, os profesores resérvanse a opción de realizar unha proba teórica e outra práctica en caso de consideralo necesario, consistindo:


  • - Proba de carácter teórico, baseado nos contidos específicos da programación. Só no caso que o alumno supere este exercicio pasará a realizar a seguinte proba de carácter práctico.
  • - Proba de carácter practico, consistente na realización dun traballo baseado nas prácticas desenvolvidas durante o curso.

 Para aprobar a materia a través do sistema de “probas de recuperación”, é imprescindible superar as dúas partes que forman esta convocatoria:


  • - Entrega dos exercicios 
  • - Proba teórico-práctica. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000