Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos gráficos dixitais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Proxectos A atención personalizada é outro dos aspectos que serven de base á metodoloxía docente exposta na materia de “Proxectos gráficos dixitais”, xa que permite nos primeiros estadios lograr un grao de sensibilidade e afinado da actividade docente nun momento fundamental do proceso educativo. Permite dedicarlle a cada alumno a atención suficiente non só para resolver incógnitas e desvelar problemas, senón para enfocar as estratexias de aprendizaxe dunha maneira específica. Permite afondar na corrección de erros metodolóxicos: Nun maior coñecemento do alumno e as súas motivacións, proxectos previos, etc. O emprego de ferramentas específicas, lecturas, atención a seminarios e formación adicional. Revisión de material afín achegado polo alumno que explique e guíe ao profesorado no seu labor. Permítelle ao profesorado coñecer o nivel que se vai acadando en cada etapa de forma individual. Prové, en xeral, dun maior entendemento entre o alumno e o profesor. Os horarios de titorías serán os días martes e mércores de 16 a 19 h.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000