Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos videográficos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clase maxistral con apoio de documentación e sistemas multimedia. Exposición dos contidos da materia: exposición teórica dos conceptos relacionados coa idea de «cultura visual». Ontoloxía da imaxe e da mirada. Exemplos paradigmáticos de estratexias expositivas e dispositivos de instalación multimedia. Resolución de problemas prácticos. Toma de apuntamentos e exposición debatida destes. Modalidade: guiada. Presenza do/a docente e presenza obrigatoria do alumnado. Escenario: aula ordinaria. Sala de proxeccións.
Prácticas de laboratorio Descrición: aprendizaxe práctica, mediante a simulación de casos, do manexo das ferramentas de creación (software de creación interactiva, animación e visualización) implicadas no deseño de dispositivos audiovisuais de instalación multimedia e interactiva. Modalidade: guiada. Presenza do/da docente e presenza obrigatoria do alumnado. Escenario: laboratorio de audiovisuais.
Traballos de aula Descrición: o alumnado, individualmente ou en grupo (5 alumnos máximo), desenvolve no aula o deseño e a realización, como obra final, dun proxecto de creación audiovisual no que se materializan conclusións investigadoras relacionadas con algunha das temáticas principais ou problemáticas audiovisuais desenvolvidas na materia. Modalidade: guiada, con seguimento do traballo e avaliación (tanto durante o proceso como o resultado final) e vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante.
Traballos tutelados Descrición: realizarase, individualmente, un traballo de documentación sobre 5 artistas-autores cuxa obra se desenvolva no ámbito da Videocreación ou a experimentación cinematográfica: baixo un modelo de Ficha, cuxos campos serán estipulados polo profesorado, cada alumno envorcará toda a información da que poida abastecerse en relación á formación, o método de traballo creativo, a bibliografía existente e as obras e exposicións máis importantes dos autores elixidos.
Modalidade: autónoma. O alumnado dispón de sesións de titoría para facilitar o seguimento do seu traballo por parte do/a docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000