Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual
 Materias
  O Proceso Plástico Secuencial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia O Proceso Plástico Secuencial Código P01M058V01104
Titulación
Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Chavete Rodríguez, José
Correo-e chavete@uvigo.es
Profesorado
Chavete Rodríguez, José
Dopico Castro, Marcos
García Freijeiro, Ana Belén
Mejuto Rial, Eva María
Web http://193.147.87.250/efront
Descrición xeral Os contidos desta materia proporcionan ao alumno un achegamento ás problemáticas e ás tecnoloxías que permiten desenvolver contido dixital en particular de carácter gráfico, cada vez máis dinámicos, interactivos, adaptables e baseados nas posibilidades que ofrece Internet.
O alumno traballará con conceptos de produción dixital como xeometría 3D, cámaras, iluminación e texturado que lle permitirán crear escenas dixitais. Tamén se traballará no espazo imaxe coa finalidade de coñecer as ferramentas que permitan a creación de interfaces e contidos complementarios e de promoción. Por último, mediante ferramentas de edición profundarase na produción de contido videográfico, o manexo de formatos dixitais e o workflow asociado aos novos procesos de produción, distribución, intercambio e consumo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000