Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual
 Materias
  O Proceso Plástico Secuencial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Os alumnos, normalmente en grupo, deberán realizar unha exposición das presentacións propostas en clase ao resto dos seus compañeiros. Cada grupo exporá os aspectos máis relevantes do tema da súa presentación, o cal será comentado polos seus compañeiros con axuda do profesor.
Prácticas en aulas de informática As prácticas centraranse na utilización de aplicacións informáticas que permitan o a creación, deseño e experimentación sobre contidos dixitais de distintas natureza. Cubriranse contornas bidimensionais e tridimensionais e tanto de natureza discreta como as imaxes, como de natureza continua como o vídeo.
As prácticas desenvolvésense en base a exercicios e casos prácticos a resolver. Non será necesaria a presenza do alumno para a súa realización.
As horas de traballo persoal do alumno referidas a este particular, serán utilizadas por parte do alumno para finalizar os exercicios prácticos propostos en clase e o desenvolvemento dos contidos específicos necesarios para o traballo final.
Sesión maxistral Presentación dos conceptos básicos da creación de contidos dixitais. Exporanse os conceptos nos que se fundamenta a Infografía por computador, e os ámbitos de aplicación e uso da mesma en diferentes áreas do coñecemento humano.
Abordarase a creación de escenas tanto de elementos bidimensionais como de natureza tridimensionai, así como os distintos procesos que teñen asociados a súa creación.
Recóllense de forma detallada as técnicas e os mecanismos máis habituais para a xeración de gráficos por computador.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000