Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O profesor/a ofertaralle ao alumnado unha escolma de textos. O alumno/a, pola súa banda, elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nunha análise crítico-reflexiva relacionada coas temáticas traballadas dentro dos contidos. Así mesmo, dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complementar a información e os contados que se desenvolvan nas clases.
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos/as, coa oportuna orientación do profesor/a, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste/a e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes. O alumno/a realizará procuras documentais e bibliográficas para a maior comprensión dos bloques de contido. Neste senso, apoiarase nas fontes e bases de datos especializadas tanto da biblioteca da nosa universidade como doutras fontes atopadas a través de internet.
Sesión maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de maneira expositiva ao grupo de clase polo profesor/a, que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e solapándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Traballos de aula Os traballos de aula (traballos monográficos) terán como cometido a iniciación á investigación. Estes traballos versarán sobre unha temática previamente abortada polo profesor/a e relacionada coas temáticas dos bloques de contido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000