Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O profesor/a nos traballos sobre contidos específicos (dossier) que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas, terán unha puntuación máxima do dez por centro da nota final. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica. Estes requisitos serán abordados ao principio do curso polo profesor/a. 30
Sesión maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos/as deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 50
Traballos de aula O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da educación física e o deporte. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, o seu formato axustado aos estándares científicos, o mesmo que as exposicións monográficas, que serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de aportar calidade á materia. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario aprobar cada unha das partes sinaladas anteriormente para que se proceda a calcular a media e nota final da materia.










A cualificación final da disciplina
resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as
partes para poder obter unha cualificación positiva. O alumno/a que non
realice todas as actividades de avaliación obterá unha cualificación final de
SUSPENSO.


En xullo avaliarase mediante un
exercicio escrito, a entrega dun traballo monográfico e o dossier
feito na clase.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000