Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Trátase de traballos sobre contidos específicos (dossier) que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica. Estes requisitos serán abordados ao principio do curso polo profesor/a. 20
Sesión maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos/as deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60
Traballos de aula O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da educación física e o deporte. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, o seu formato axustado aos estándares científicos, o mesmo que as exposicións monográficas, que serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de aportar calidade á materia. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto a calificación dos traballos derivados da resolución de problemas, é dicir, contidos específicos (Dossier) como a calificación dos traballos de aula  (traballo monográfico) feitos no seu momento durante o curso,  seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000