Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da actividade física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Na actividade introdutoria lévase a cabo unha introdución á Psicoloxía.
Traballos de aula O alumno, tomando como base un texto ou un vídeo, traballa o material presentado. Para isto, ofréceselle unha serie de cuestións que ha responder, nas que se inclúen preguntas tipo test.
Seminarios Nos seminarios, tomando como base un texto ou un vídeo, debátese sobre a información presentada. O alumno ha entregar unhas conclusións sobre o texto/vídeo.
Titoría en grupo As titorías empréganse para realizar o seguimento dos traballos que se realizan en grupo e poder considerar as achegas que cada alumno realiza ao desenvolvemento destes traballos.
Traballos tutelados O alumno ha realizar, en grupo, dous traballos sobre os temas que lle indique o profesor.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos sobre os que se han examinar os alumnos, que disporán de material proporcionado polo profesor, que será o que entre no exame.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000