Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos da motricidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase cun exame tipo test e/ou preguntas curtas. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade do contido, a coherencia, aspectos formais, etc.
Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o examen se valorase cun 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación.
0
Traballos de aula Avaliaranse distintos aspectos dependendo do traballo en cuestión, como a participación, a calidade, a progresión, etc.
10
Prácticas de laboratorio Participación activa nas clases prácticas avaliada mediante unha ficha de control. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en primera convocatoria e de xeito continuo o alumnado ten que superar a parte práctica (50%) tal e como se describe no apartado de probas (traballos de aula e prácticas de laboratorio). Tamén someterase aun exame da parte teórica (50%) o día oficial do exame. Cómpre aprobar as dúas partes, teórica e práctica, para superar a materia.

En resolución de problemas:

Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade do contido, a coherencia, aspectos formais, etc.
Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o examen se valorase cun 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación.

Quen non cumpla cos requisitos da práctica de xeito continuo, terá que presentarse en xunio ou xulio a unha avaliación consistente en:

a) examen sobre a parte teórica da materia: 5 puntos

b) examen sobre a parte práctica da materia: 5 puntos

E imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000