Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Contidos
Tema Subtema
Breve descrición dos contidos (en cada un dos seguintes bloques temáticos, ao final do bloque e entre parénteses, sinalaremos mediante o correspondente número -1,2,3,4- a cal ou cales fai especial referencia): 1. Fundamentación teórica das actividades de loita.
2. Fundamentos técnico-tácticos e didácticos do judo e as actividades de loita.
3. Estrutura formal e funcional do judo e as actividades de loita.
4. O proceso de iniciación deportiva ao judo.
A) Evolución histórica dos deportes de loita (1). Descrición: nesta área temática realízase un percorrido a través das diferentes etapas históricas que ten sufrido a loita, desde a época primitiva, pasando polas civilizacións arcaicas, o mundo clásico, a idade media, etc., ata chegar á actualidade. Breve aproximación á loita noutras civilizacións.
A loita nas civilizacións arcaicas: a loita no antigo Exipto, a loita en Creta e Micenas.
A loita no mundo clásico I: a loita en Grecia.
A loita no mundo clásico II: a loita en Roma.
A loita na Idade Media.
B) O proceso de institucionalización deportiva das actividades de loita (1-2-3).
Descrición: nesta área temática explícase cal foi o proceso de deportivización que experimentaron as loitas ata chegar á súa plena institucionalización, realizando un especial fincapé en disciplinas de loita como o judo.
A loita na Época Contemporánea.
A deportivización das loitas.
C) Caracterización e concepto dos deportes de loita (1-3).
Descrición: este bloque temático está destinado a efectuar un acoutamento conceptual da loita, aclarando termos que, a priori, poderían parecer idénticos para, posteriormente, establecer cales son as características comúns dos diferentes deportes de loita.
Acoutamento conceptual da loita: aclaracións terminolóxicas.
Características comúns dos deportes de loita.
D) Criterios de clasificación dos deportes de loita (1-3).
Descrición: nesta área temática abordaremos a diversidade de clasificacións dos deportes de loita en función das distintas correntes doutrinais máis relevantes.
Clasificación dos deportes de loita.
E) Bujutsu & Budo (1-3).
Descrición: neste apartado efectuarase unha conceptualización e caracterización das artes marciais xaponesas, analizando o cambio sufrido ata a súa deportivización.
As artes marciais: concepto e caracterización. As artes marciais xaponesas como educación espiritual: o seu cambio en occidente -a «deportivización»-.
F) Deportes de loita. Xeneralidades (1-2-4). Descrición: este bloque temático está destinado a efectuar un resumo da evolución sufrida polo judo desde a súa orixe ata a actualidade. Así mesmo, abordaranse os aspectos máis relevantes sobre o cerimonial característico dos deportes de loita. Por último, realizaremos un achegamento ás habilidades motrices básicas da loita. O judo. A súa evolución.
Deportes de loita. O seu cerimonial.
As habilidades motrices básicas da loita.
G) Clasificación das técnicas (1-2-3).
Descrición: neste apartado efectuarase unha comparación entre as técnicas utilizadas en distintos deportes de loita con agarre, desde as formas de proxectar o adversario contra o chan ata as formas de control ao adversario.
Introdución ás clasificacións. Comparativa técnica entre diferentes deportes de loita con agarre.
H) Fundamentos (Kihon) (1-2-3).
Descrición: nesta área temática abordaremos fundamentos dos deportes de loita tan relevantes como o saúdo, a postura, o agarre, as caídas e as fases da técnica.
O saúdo (Rei).
A postura (Shisei).
As caídas (Ukemi).
O agarre (Kumikata) e as fases da técnica.
I) O judo aplicado á defensa persoal (2-4). Descrición: nesta área temática abordaremos os inicios do judo como unha forma de defensa persoal -ju jutsu-, efectuando unha aplicación práctica das técnicas máis relevantes do judo ás situacións máis cotiás de defensa persoal. Iniciación ao Ju Jutsu.
J) Regulamento arbitral (3-4).
Descrición: por último, analizaremos desde un punto de vista teórico e práctico o regulamento arbitral dun dos deportes de loita máis representativos no mundo: o judo.
Regulamento arbitral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000