Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase mediante a proba de resposta curta. 0
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse mediante as probas prácticas co computador. 0
Prácticas autónomas a través de TIC Cada actividade de grupo terá unha nota. Ao final calcularase unha nota media de todas as actividades. 20
Probas de resposta curta Exame de preguntas curtas sobre os conceptos e técnicas expostos e discutidos nas clases, prácticas e actividades de grupo. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os exames de computador serán, tentativamente, 2 e realizaranse na aula de informática:
1. Análise de datos (descritivo): temas 2 e 3.
2. Análise de datos (inferencia) e dun artigo de investigación: temas 1,4 e 5.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En cada un dos exames é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder compensalos na nota final.
Para aprobar a materia hai que ter todos os exames compensables e alcanzar unha nota final maior ou igual que 5.

Se algún alumno non traballa sistematicamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo.

Na segunda convocatoria repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada alumno recupere a parte que lle corresponda.
As actividades de grupo non serán recuperables.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000