Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes colectivos I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado (CAMPO DE JUEGO DE BALONCESTO Y BALONMANO).
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade en pequeno grupo na que se formularán problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.
O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas ao solicitado no exercicio mediante aplicación dos fundamentos teórico-prácticos asimilidados nos contidos da asignatura.

Poderase solicitar ao alumnado que en parte das sesións prácticas imparte algún destes exercicios/sesións para desenrolar competencias docentes.
Saídas de estudo/prácticas de campo BALONMÁN: Existe a posibilidade de desprazarse a eventos deportivos de balonmán de polo menos dúas categorías diferentes para a observación en tempo real dos fundamentos técnico-tacticos do balonmán por parte de xogadores/as federados/as. O alumnado deberá facer o traballo solicitado na ficha deseñada para ese efecto co objetivod de adquirir competencias de observación, rexistro e análise sistemática do xogo.
Outra das saídas podería consistir na experimentación dunha modalidade máis recreativa do balonmán convencional (balonmán praia, etcétera)
Estudo de casos/análises de situacións BALONMÁN: Para a adquisición de competencias do profesorado no deseño de progresións, metodoloxías didácticas acordes á situación ou caso proporanse diferentes casos prácticos que requirirán a toma de decisión dos elementos didácticos máis adecuados ao mesmo.
Eventos docentes e/ou divulgativos BALONMÁN: Contémplase a posibilidade que ao longo do primeiro semestre do curso 2012-13 desenvólvanse diferentes eventos vinculados ao Mundial de Balonmán 2013 que se celebrará en España durante xaneiro e febreiro e que poderían facilitar a adquisición de competencias vinculadas á materia
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000