Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Expresión corporal e danza
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia que se elaborará ao longo do curso e que se defenderá mediante exposición oral ao finalizar os contidos 40
Resolución de problemas e/ou exercicios A realización de tarefas propostas sobre artigos científicos e a resolución de investigacións respecto dos contidos da materia 20
Traballos e proxectos Neste apartado valoraremos o proceso de construción coreográfica e o resultado da mesma. Ponderarase neste apartado o proceso cun 80% e o resultado cun 20%. O proceso controlarase coa elaboración, por parte do profesorado, dun diario individualizado de cada grupo, das sesións desenvolvidas para a elaboración da coreografía 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da materia calcularase a partir da suma das notas parciais de cada metodoloxía de avaliación, é dicir: mapa conceptual (40%) ; valoración do proceso de elaboración da coreografía (40%) + realización de tarefas propostas sobre artigos científicos e resolución de investigacións (20%); a condición de que se supere o 50% de cada unha das partes.Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a segunda edición da convocatoria; é dicir, na convocatoria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o alumnado teña superadas, e só presentarán aquelas que non superaron. Polo tanto, para as demais convocatorias, o alumnos deberá concorrer a unha proba escrita de pregunta curta para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000