Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes ximnásticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral O alumnado realizará unha proba teórica con pregunta curta, tipo test ou preguntas a desenvolver para valorar os contidos teóricos e prácticos (competencias de coñecemento).
Na valoración final, terase en conta cuantitativamente a asistencia ás clases.
50
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Elaboración dunha coreografía final, presentación e exposición das sesións traballadas na práctica. 20
Informes/memorias de prácticas BLOQUE HXA.
Elaboración da memoria de prácticas e notación das exposicións prácticas (Traballo escrito dos elementos ximnásticos acrobáticos)
15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. - Realización dunha coreografía de forma grupal.
- Desenvolvemento e posta en práctica dunha progresión metodolóxica dun elemento ximnástico.
- Execución técnica dos elementos ximnásticos traballados nas sesións prácticas.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo
conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa,
continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.


No caso de que os alumnos non poidan seguir o proceso evaluativo anteriormente descrito, terán a oportunidade de superar
a materia, mediante a realización dunha proba escrita e unha proba práctica, que se realizará segundo o calendario
de exames establecido polo centro.


A CUALIFICACIÓN FINAL da materia resultará da integración das distintas notas das actividades realizadas tanto
nos contidos de Habilidades Rítmico-Expresivas como nos contidos de Habilidades Ximnástico-Acrobáticas.
Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as
actividades de avaliación obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o
alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso, xa que se realiza unha
avaliación continua de todas as actividades propostas.


Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a
segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o
alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron.


Para as demais convocatorias, o alumno deberá concorrer da mesma maneira a unha proba escrita de pregunta curta, tipo
test ou de desenvolvemento e dunha proba practica dos contidos traballados para superar a materia. Igualmente deberá presentar o traballo de fichas de elementos ximnásticos elaborado segundo o desenvolvemento dos contidos traballados durante o curso.


A revisión de exames será no despacho das profesoras unha vez concluída a corrección.


OBSERVACIÓNS:


A PARTICIPACIÓN ACTIVA DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN:.


- A asistencia ás sesións prácticas será OBRIGATORIA (80% das horas totais da materia, non sesións) Aplicarase de forma individualiza a cada un dos 2 Bloques da materia (Bloque Rítmico-Expresiva e Bloque Ximnástico-Acrobática).


- Os alumnos que participen activamente, como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o 50% da máxima
puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.


- Os alumnos que NON participen activamente (meros observadores), como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o
65% da máxima puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.


Os ALUMNOS DISCAPACITADOS Ou INCAPACITADOS TEMPORALMENTE PARA A PRÁCTICA MOTRIZ, PODERÁN SOLICITAR A
ADAPTACIÓN DAS TAREFAS MOTRICES A REALIZAR NAS SESIÓNS E NAS PROBAS DE AVALIACIÓN, NEL GRADO
QUE As COMPETENCIAS DA MATERIA O PERMITAN.


BLOQUE: HABILIDADES XIMNÁSTICO-ACROBÁTICAS


- A falta de asistencia a máis de dúas clases prácticas deste bloque (independentemente da súa xustificación), supón ademais a realización dun
exame práctico tanto de execución como de ensino metodolóxico dos elementos acrobáticos aos que non se asistiu.

- A elaboración do traballo de fichas dos elementos ximnásticos supón un 30% da nota deste bloque.


BLOQUE: HABILIDADES RÍTMICO-EXPRESIVAS


-Debido ao carácter de avaliación continua, a NON asistencia ás sesións prácticas non dará dereito a realizar a
coreografía en grupo, só de forma individual. 
















Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000