Resolución de problemas e/ou exercicios |
Traballo individual e grupal de resolución de tarefas. A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e plantexa dubidas. En base a un suposto práctico no cal se especifica un contexto, colectivo, e duración dunha actividade –por exemplo, persoas maiores dun centro social municipal nunha actividade denominada “saude polo movimento” que ten por finalidade “colaborar o mantemento da autonomía das AVD” e “Fomentar o contacto interpersoal entre os alumnos/as” cunha duración de tres meses 3 horas por semana- o alumnado realizará un fragmento da programación, especificando os seguintes elementos:
- Formulación de obxectivos. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha parte da matriz abstracta de contidos que desenvolverían para ese caso. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Formulación de contidos psicopedagóxica para o suposto plantexado. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Deseño de tarefas adecuadas ao supuesto.
Explicitación de tarefas. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, colectivo, método, etc.– explicitar con corrección tarefas didácticas. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha progresión de tarefas para a aprendizaxe dunha habilidade motriz. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, características alumnos/as, método, etc.– explicitar con corrección as tarefas didácticas axeitadas para a aprendizaxe da habilidade especificada. Utilizaranse como criterios para realiza-la progresión os canais perceptivo, decisional ou execucional. A corrección realizarase na aula ou titoría.
|
Sesión maxistral |
Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumnado asimila e toma apuntes. Plantexa dubidas e cuestións complementarias. |
Prácticas de laboratorio |
Nas aulas de laboratorio se experimentarán as tarefas motrices propostas e a realización dunha intervención docente. Participación nunha microensinanza. Os métodos desenvolvidos serán mando directo, asignación de tarefas, microensinanza, ensino recíproco-pequenos grupos, ensino modular, resolución de problemas, descubrimiento guiado e grupais participativas (para as reflexións-análise do final da sesión). |