Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Traballo individual e grupal de resolución de tarefas. A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e plantexa dubidas. En base a un suposto práctico no cal se especifica un contexto, colectivo, e duración dunha actividadel, o alumnado realizará un fragmento da programación, especificando os seguintes elementos:
- Formulación de obxectivos. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha matriz abstracta de contidos que desenvolverían para ese caso. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Formulación de contidos psicopedagóxica para o suposto plantexado. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Deseño de tarefas adecuadas ao supuesto.

Explicitación de tarefas. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, colectivo, método, etc.– explicitar con corrección tarefas didácticas. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha progresión de tarefas para a aprendizaxe dunha habilidade motriz. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, características alumnos/as, método, etc.– explicitar con corrección as tarefas didácticas axeitadas para a aprendizaxe da habilidade especificada. Utilizaranse como criterios para realiza-la progresión os canais perceptivo, decisional ou execucional. A corrección realizarase na aula ou titoría.
Sesión maxistral Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumnado asimila e toma apuntes. Plantexa dubidas e cuestións complementarias.
Traballos tutelados - Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte. Aplicación de microensinanza. Cada grupo de tres persoas (ou dúas, se así o indica a profesora) desenvolverá unha sesión según as características básicas determinadas na opción que lle sexa asignada. En cada unha delas abórdase específicamente un método didáctico. Tomando como base ese elemento didáctico o grupo deberá deseña-lo resto de elementos didácticos para constitui-la súa sesión. Esta sesión deberá ser impartida aos seus compañeiros nas aulas prácticas. É obrigación do alumno/a manterse informado das posibles modificacións no calendario de prácticas. É obrigatorio realizar dúas titorías antes da realización da sesión. Unha delas será na hora de clase.
Prácticas de laboratorio Nas aulas de laboratorio se experimentarán as tarefas motrices propostas e a realización dunha intervención docente. Participación nunha microensinanza. Os métodos desenvolvidos serán mando directo, asignación de tarefas, microensinanza, ensino recíproco-pequenos grupos, ensino modular, resolución de problemas, descubrimiento guiado e grupais participativas (para as reflexións-análise do final da sesión).
Actividades introdutorias - Explicación do funcionamiento da asignatura: Faitic, titorías, avaliación, etc.
- Avaliación informal de coñecementos previos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000