Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo escrito: Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.

Os criterios son:
- Entregar o traballo escrito no prazo establecido ao inicio do curso.
- Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.
- Levar á práctica a sesión deseñada.
- Asistir a unha titoría e a clase correspondente para a revisión previa da sesión.
- Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).
- Obrigatorio para todo o alumnado.
30
Prácticas de laboratorio Control da asistencia e participación nas clase de laboratorio mediante lista da profesora. Asistir e participar activa e criticamente na microensinanza cun mínimo do 80% das prácticas das horas dos grupos B.
A asistencia a máis de un 80% da docencia de aula de créditos B e C eximirá da realización do exame práctico final.
Este criterio non é de obrigado cumprimento para superar a materia, posto que o alumnado que supere o 20% de faltas poderá acceder a avaliación final mediante una proba dos créditos de laboratorio.
Calificación de apto/a ou non apto /a
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita: preguntas cortas de índole conceptual e desenvolvemento procedimental de programación de elementos didácticos. Os criterios de avaliación son: Respostar con calidade os contidos conceptuais solicitados na proba escrita.

Formular contidos e obxectivos con total corrección.
Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).
Programar unha sesión seguindo unha teoría elaborativa coherente, dende as finalidades á tarefa.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a asignatura é imprescindible acadar:

- unha calificación mínima de 5 puntos.

- obter unha calificación mínima de 1,5 puntos na metodoloxía de traballo tutelado.

- obter unha calificación mínima de 2,5 puntos na proba de resposta longa, de desenvolvemento. Realizarase na data e hora determinado no calendario oficial de exames.

Nas convocatorias correspondentes a un mesmo curso académico, se conservan as cualificacións obtidas polo alumnado. Será necesario repetir as metodoloxías necesarias para conseguir os tres criterios anteriormente mencionados. 

Os traballos para ser avaliados deben ser entregados estrictamente nas datas determinadas pola profesora, que serán comunicadas xunto coa proposta dos mesmos.

A entrega dos traballos será en formato papel, a excepción daqueles casos nos que se especifique o contrario. Cando o traballo non se entregue persoalmente á profesora, debe adxuntarse por correo electrónico unha copia do mesmo simultáneamente a súa entrega no caixa de correos da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000