Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Valoración e prescrición do exercicio físico para a saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Metodoloxías integradas Realizarase unha proba teórico-práctica: test, resposta curta e/ou resolución de supostos prácticos. 70
Prácticas de laboratorio Traballo e implicación do alumnado durante a realización das clases prácticas. 10
Informes/memorias de prácticas Consistirá na elaboración dun informe cos datos das situacións prácticas conforme aos obxectivos en cada sesión.

10
Outras Asistencia a clase 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En "Informe/Memoria de Prácticas" non se terá en conta a efectos de avaliación a entrega de prácticas aos que o alumno/a non asistise.

En "Metodoloxías integradas" será requisito indispensable para superar a materia obter unha cualificación polo menos de 4 puntos sobre 10.

En "outras" será requisito indispensable alcanzar polo menos un 80% de asistencia a clase, á marxe de que as faltas sexan ou non xustificadas.

En 2ª convocatoria ou edición os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira coa excepción de alcanzar o 80% de asistencia a clase.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000