Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividade física e deporte adaptado
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Examen de opción múltiple con respuesta única. 70
Traballos e proxectos Traballo práctico sobre os contidos teóricos da materia, propostos polo profesor.
Deberá ser exposto durante as prácticas de laboratorio
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación positiva en ambas as probas de avaliación (proba tipo test e traballo).

No tipo test, haberá que obter polo menos 3.5 ptos de 7 posibles, e no traballo, deberase alcanzar polo menos 1.5 ptos de 3 posibles.

A nota final da materia obterase mediante a suma aritmética das puntuacións alcanzadas en ambas as partes, sempre e cando se cumpran os criterios de cualificación anteriormente expostos.

Aqueles alumnos/as que non asistisen polo menos ao 80% das sesións prácticas da materia, deberán realizar un exame práctico sobre os aspectos técnicos, tácticos e regulamentarios descritos no Tema 4 e obter unha cualificación de "Apto" no mesmo, para poder superar a parte práctica da materia.

Todas aquelas probas que non fosen superadas na primeira convocatoria, deberán repetirse na segunda convocatoria. A cualificación obtida nas probas superadas realizadas durante a primeira convocatoria manterase de modo único e exclusivo na segunda convocatoria.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000