Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Xerontoloxía e actividade física
   Competencias de titulación
Código Descrición
A7 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis
A13 Capacidade para avaliar a condición física e prescribir exercicio físico orientado cara á saúde
A14 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica de actividade física e deporte entre a poboación adulta, maiores e discapacitados
A15 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde do desenvolvemento das actividades físicas inadecuadas entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde
A16 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais ao campo da actividade física e a saúde
A17 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físico-deportivas orientada á saúde
A25 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de actividades físico-deportivas recreativas
A26 Capacidade para seleccionar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva recreativa
A27 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica das actividades físico-deportivas recreativas para toda a poboación
A28 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, nas actividades físico-deportivas recreativas
A29 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas nos practicantes de actividade físico-deportiva recreativa
B3 Coñecemento e compresión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte
B4 Coñecemento e comprensión dos factores comportamentais e sociais que condicionan a práctica da actividade física e o deporte
B5 Coñecemento e comprensión dos efectos da práctica do exercicio físico sobre a estrutura e función do corpo humano
B6 Coñecemento e compresión dos efectos da práctica do exercicio físico sobre os aspectos psicolóxicos e sociais do ser humano
B7 Coñecemento e comprensión dos fundamentos, estruturas e funcións das habilidades e patróns da motricidade humana
B11 Coñecemento e comprensión dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional
B12 Aplicación das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte
B13 Hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional
B14 Utilización da información científica básica aplicada á actividade física e ao deporte nas súas diferentes manifestacións
B19 Capacidade para avaliar a condición física e prescribir exercicio físico orientado cara á saúde
B20 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde da práctica de actividades físicas inadecuadas
B21 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físico-deportivas
B24 Actuación dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional
B25 Habilidade de liderado, capacidade de relación interpersoal e traballo en equipo
B26 Adaptación a novas situacións, á resolución de problemas e á aprendizaxe autónoma
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000