Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
PROPOSTAS TEMÁTICAS PARA TFG.
1. O profesorado da Facultade presentará perante a Comisión de Coordinación Académica as propostas temáticas para a realización de TFG, dentro do establecido no calendario que se presente a tal efecto
2. O alumnado tamén poderá presentar propostas temáticas non recollidas no apartado anterior, podendo ser asumidas, ou non, por algún docente en calidade de titor ou titora.
3. A Comisión de Coordinación Académica poderá recibir propostas temáticas procedentes de institución ou servizos alleos ao centro ou á Universidade. Tal proposta debe ser avalada por algún docente do centro, que actuará como titor ou co-titor.
4. Sempre que a Facultade dispoña dela, este proceso realizarase mediante aplicación informática.
LISTADO DE PROPOSTAS TEMÁTICAS PARA TFG.
1. A Comisión de Coordinación Académica aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando polo menos o Grao/ aos que van destinadas, a titora ou titor académico responsable, e, en cada proposta, o número de prazas que se ofrecen.
2. As propostas temáticas deberán superar nun 10% o número de matriculados na materia de TFG.
3. O listado fixará un prazo para que o alumnado formalice a solicitude de asignación de propostas temáticas co respectivo titor/a académico.
4. Sempre que a Facultade dispoña dela, este proceso realizarase mediante unha aplicación informática.
DEFINICIÓN DO TFG.
1. O TFG fai parte dos planos de estudos de todo título oficial de Grao. Nos Graos que se imparten na FCED equivalen a 6 ECTS no Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Grao en CC. da Actividade Física e do Deporte. Deberá ser realizado de xeito persoal e autónomo polo alumnado, seguindo as orientacións dunha titora ou titor académico.
2. O TFG estará orientado a que o alumnado mostre a capacidade de integración de diversos contidos formativos e competencias asociadas ao título, axustándose ao contemplado en cada unha das memorias respectivas dos graos e á súa concreción nas guías docentes.
3. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos en actividades doutras materias do Grao.
4. O traballo de fin de grao poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da titora académica facilitar a xestión.
4. A avaliación do TFG será responsabilidade dun tribunal constituído de acordo co establecido no art. 6. Porén, en atención ás circunstancias especiais a Comisión de Coordinación Académica poderá determinar fórmulas alternativas de avaliación.
ASIGNACIÓN DE PROPOSTAS TEMÁTICAS E TITORES ACADÉMICO.
1. Para a asignación das propostas temáticas atenderase, preferentemente e en primeiro lugar, ao acordo entre o alumno/a e o titor/a académico. Se non for o caso, tomarase en conta o expediente académico ou o sorteo para fixar unha orde de selección de propostas temáticas.
2. Sempre que a Facultade dispoña dela, este proceso realizarase mediante unha aplicación informática.
3. Ao comezo do primeiro cuadrimestre, a Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores académicos conforme aos anteriores criterios.
4. Poderase reclamar fronte a estas adxudicacións no prazo de sete días naturais perante a Comisión de Coordinación Académica.
5. A asignación de titor/a académico e proposta temática de TFG será válida durante dous cursos académico no que se atopa matriculado a alumna ou alumno.
6. Non obstante, o estudiante poderá solicitar un cambio tanto da titora ou titor como do tema do seu traballo. Do mesmo xeito, a persoa titora tamén poderá solicitar cambio de estudante asignado e de temas ofertados. En ambos os casos axustaranse ao calendario e impreso establecido a tal efecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000