Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
O profesor fará unha avaliación continua do traballo do alumno. Antes da data 30 establecida para a presentación e defensa do TFG, o tribunal de avaliación terá o
informe de valoración do director sobre o traballo realizado por parte do estudante cunha valoración parcial do mesmo.
30
Traballos e proxectos : ACTO DE PRESENTACIÓN E DEFENSA PÚBLICA DO TFG.
1. O acto de presentación será realizado polo alumno/a en sesión pública na data e hora asignada. De maneira excepcional, a Comisión de Coordinación Académica poderá aprobar outra modalidade, previa solicitude formal e motivada do alumno/a e sempre que sexa posible.
2. O alumno/a exporá nun tempo máximo de quince minutos un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Posteriormente, sen superar os trinta minutos, os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas.

AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DO TFG.
1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tomando en consideración o informe emitido polo titor académico, a calidade do contido do TFG, así como a propia exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e defensa argumental do alumno/a.
2. A cualificación será a suma ponderada da cualificación do Tribunal (de 0 a 7 puntos) mais a valoración do titor (de 0 a 3 puntos). A valoración do Tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros. Neste punto o Tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo.
3. As deliberacións do Tribunal para cualificar o TFG serán a porta pechada. Unha vez finalizado o acto de defensa, o tribunal fará pública a cualificación.
4. Ao remate da avaliación e cualificación da totalidade dos TFG do grado, o Tribunal avaliador poderá conceder mencións de matrícula de honra de conformidade coa normativa.
5. No caso de que a cualificación do TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5.0), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conseguir a antedita cualificación.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 

REVISIÓN DE CUALIFICACIÓN DO TFG.

1.        
No prazo de cinco días
contados desde a celebración do acto de presentación, o alumno/a poderá solicitar a revisión da cualificación
outorgada ao TFG.

2.        
Na solicitude de revisión
deberán constar, expresa e motivadamente, os aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa
cualificación outorgada. O Tribunal avalaiador resolverá fundamentadamente.






́ condición indispensable para a defensa do TFG ter feita a matrícula de todas as materias requiridas para finalizar o
Plan de Estudios de Grao.


A matrícula no TFG outorgará o dereito de dúas convocatorias oficiais encada curso académico, conforme ao establecido no
calendario académico aprobado en Xunta deFacultade.


No caso de obter a cualificaciónde suspenso, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao
estudante e ao director para a mellorado traballo e a súa posterior avaliación. A revisión oureclamación das cualificacións
finais dos TFG levaranse a cabo conforme aoprevisto na Normativa de Avaliación, ao igual que calquera outra materia
doplan de estudios. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000