Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Recomendacións


 
Outros comentarios
MATRÍCULA. 1. Para poder matricularse no TFG será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudios. 2. A matrícula realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de grao, dando dereito a dúas oportunidades de avaliación. TITORIZACIÓN DO TFG. 1. A titorización consistirá en supervisar e orientar o/a estudante na temática, metodoloxía, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao traballo de fin de grao, así como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso até a presentación e defensa do traballo de fin de grao 2. Poderá actuar como persoa titora calquera docente da FCED, así como, excepcionalmente, outros docentes tanto da nosa como doutras Universidades. No caso de que non sexa profesora ou profesor da FCED levarase a cabo en réxime de co-titoría, sendo un dos titores/as docente da Facultade. 3. Unha mesma titora ou titor poderá ser responsable dun máximo de seis TFG por curso académico, excepto no caso de non seren cubertas todas as necesidades de titorización. 4. Sexa como for, garantiráselle a todo o estudantado matriculado no TFG a titorización correspondente, estando consideradas as tarefas de titorización, avaliación e cualificación dos TFG como obrigas docentes do profesorado, establecendo a Universidade de Vigo a forma do seu recoñecemento. 6. Se a elaboración do TFG requirise a implicación de profesionais pertencentes a organismos ou entidades públicas ou privadas, estes profesionais poderán participar e colaborar no proceso de titorización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000