Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil Código P02G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Zabalza Cerdeiriña, María Ainoa
Correo-e mariaainoa.zabalza@uvigo.es
Profesorado
Zabalza Cerdeiriña, María Ainoa
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías para a procura, o tratamento, a organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a outras materias do plan de estudos.
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de como ensinar e como aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento.Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profesor, do alumnado e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é o novo xeito de ensinar e aprender coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras cousas, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, que estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola,...
Para rematar, como mestre ou mestra será necesario que sexas capaz de axudar aos teus alumnos/as a desenvolverse nesta nova contorna tecnolóxica pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o lecer e o tempo libre, senón tamén para a súa formación como cidadáns libres e responsables.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000