Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Socioloxía: Socioloxía da educación Código P02G110V01105
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Traba Díaz, Amada
Correo-e amadat@uvigo.es
Profesorado
Lage Picos, Jesús Adolfo
Porto Porto, Benjamín
Torres Outón, Sara María
Traba Díaz, Amada
Web
Descrición xeral Materia de formación básica na formación inicial do profesorado de Educación Infantil, imprescindible para que as e os futuros docentes comprendan a complexidade dos procesos e relacións educativas.
O programa pretende achegar as dimensións estruturais e ideolóxicas que preceden, condicionan e entrelazan os procesos educativos.
A reflexión que se fai nesta materia debería contribuír a unha praxe docente racional e consciente.
Os contidos céntranse fundamentalmente nos procesos de socialización e nas súas axencias e ámbitos principais, e, nomeadamente, na escolarización nas sociedades modernas; mais tamén se dá a debida importancia aos aspectos xerais da disciplina sociolóxica.
Preténdese:
- Abordar os aspectos sociais -non pedagóxicos nin didácticos- implicados nos procesos educativos.
- Contextualizar os procesos educativos no seu medio social e histórico, nomeadamente na actualidade.
- Adquirir coñecementos básicos de Socioloxía e poder usar as súas achegas teóricas como ferramentas de análise e comprensión da realidade social e educativa.
- Incorporar coñecementos de disciplinas afíns.
- Desenvolver capacidades de comprensión e análise do medio social e a capacidade de aplicación para avaliar e prever o impacto, máis alá da aula e da práctica profesional diaria, na integración da comunidade, na resolución de conflitos e na innovación educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000